27/11/12

A illa misteriosa

Hai libros que nunca pasan de moda nin deixan de lerse; normalmente chamámolos clásicos precisamente por iso. Un dos grandes clásicos da literatura xuvenil é La isla misteriosa, de Julio Verne (e, de feito, Verne é tamén un autor clásico que non pode faltar nunha biblioteca que se preze). É curioso como moitos adultos siguen a ter cariño a esta obra décadas despois de tela lido por primeira vez.
Un deses adultos é Agustín Fernández Paz, ese que podemos considerar o voso autor favorito. Agustín vén de estrear un blog no que fala de libros, e tamén de películas, que o marcaron ou que lle encantan. E para que vexades, o primeiro libro do que fala é... La isla misteriosa.


Deixámosvos o enlace ó seu artigo, porque paga ben a pena lelo, e algunhas das portadas que tivo La isla misteriosa (libro e película) en España:









 

Ningún comentario: