07/11/12

A peli da semana: Los juegos del hambre


DIRECTOR: Gary Ross
GUIÓN: Gary Ross, Suzanne Collins, Billy Ray (Novela: Suzanne Collins)
MÚSICA: James Newton Howard, T-Bone Burnett
REPARTO: Jennifer Lawrence, Josh Hutcherson, Elizabeth Banks, Woody Harrelson, Donald Sutherland, Stanley Tucci, Liam Hemsworth, Toby Jones, Lenny Kravitz
XÉNERO: Ciencia ficción. Aventuras | Thriller futurista. Supervivencia. Televisión
CLASIFICACIÓN: maiores de 13 (recomendada para maiores de 15)

WEB OFICIAL: http://www.thehungergamesmovie.com



"Los juegos del hambre", baseada na triloxía de Suzanne Collins, plantea un mundo radicalmente distinto ó noso, no que o país ficticio de Panem (EEUU) está dividido en 12 distritos. Cada ano, celébranse uns "xogos" ós que cada distrito debe enviar unha parella de rapaces (elixidos ó chou) que se enredan nunha loita a morte, pois só pode haber un gañador. É unha historia de supervivencia na que se distingue perfectamente como cada un pode optar pola violencia porque si ou só en caso necesario. Gústanos pola trama áxil, polo valor que lle dá ó traballo en equipo, polo que supón de crítica ós gobernos que usan a violencia para someter á cidadanía e pola clara expresión da manipulación para obter os nosos fins.
Non vos defraudará para pasar unha boa tarde, pero non esquezades que temos os tres libros na biblioteca, e eses dan para máis tardes de aventura!



Ningún comentario: