O blog da biblioteca do CPI da Ribeira


DIRECCIÓN: Marc Forster
GUION: David Benioff
MÚSICA: Alberto Iglesias
REPARTO: Khalid Abdalla, Atossa Leoni, Homayoun Ershadi, Shaun Toub
ANO: 2007
XÉNERO: Drama | Infancia. Amistad. Drama social
CLASIFICACIÓN:  maiores de 13 anos



Esta película é unha adaptación da novela homónima (é dicir, co mesmo nome) de Khaled Hosseini, unha novela moi popular que xa leva vendidos máis de 8 millóns de exemplares en todo o mundo.
A acción comeza en EEUU, onde o xoven escritor Amir recibe unha chamada pola que decide voltar a Kabul (Afganistán), a súa terra natal. Cando era un neno, o seu mellor amigo era Hassan, un rapaz doutra etnia que traballaba de criado na súa casa. Agora Amir regresa ó seu país para intentar axudar ó fillo de Hassan. O telón de fondo é en todo momento a situación política afgana (antes dirixida polos comunistas e agora polos talibáns), aínda que só aparece como pinceladas puntuais.
A película fala de amistade e de traición, de lealtade, de prexuizos e, sobre todo, da culpa.
Como curiosidade, hai que dicir que aínda non se pudo estrear en Afganistán (polos problemas que acarrearía a crítica que fai dos talibáns) e que os rapaces actores tiveron que marchar a vivir a outro país unha temporada para evitar represalias por participar na película.

A película gustounos moito e ten moi boas críticas, así que animádevos a vela!



Ningún comentario: