O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

O nacemento dun libro

Vaise achegando o día do libro! E sabedes como se fai un libro? Poderíamos falarvos de signaturas, tapas e libros intonsos... pero case mellor que o vexades. Neste vídeo tedes o proceso de confección dun libro de xeito tradicional. Por desgracia, non todos os que chegan ás nosas mans están feitos así (soen intervir moitas máis máquinas e menos mans humanas).




Birth of a Book from Glen Milner on Vimeo.
 


Nestes tempos nos que estamos rodeados de teléfonos móbiles intelixentes que programan o forno e activan a alarma, de televisións con disco duro e acceso a internet, de camisetas con leds integrados, de iPads e iPods e ata iJams (si, dixemos ben: o iJam "cut & play"! Non volo perdades!), e para moitos a lectura empeza encendendo un aparello e premendo uns cantos botóns, osquelemos presentan a mellor e máis revolucionaria das tecnoloxías para a lectura interactiva de libros: o BOOK.





Xa sabedes onde atopar miles destes revolucionarios aparellos chamados books, así que alí nos veremos!

Ningún comentario: