11/04/12

Como citar un libro

Para facer referencias bibliográficas (é dicir, para citar un libro e dar os seus datos) hai unhas normas que debemos coñecer e observar. O malo é que non hai un só xeito de facelo, senón varios estilos. Aquí tedes os dous máis comúns:

Estilo  1: ENDE, Michael. Momo. Madrid: ed. Alfaguara, 2011.
(APELIDO DO AUTOR, Nome do autor. Título. Lugar de edición: editorial, ano)

Estilo 2: Ende, Michael (2011). Momo. Madrid: ed. Alfaguara.
(Apelido e nome do autor. (Ano). Título. Lugar de edición: editorial)

Como verás, a diferencia está no lugar onde poñemos o ano de edición. O segunto estilo emprégase moito para obras científicas, o primeiro máis para literatura, pero realmente da igual cal destes estilos adoptamos: o importante é ser consecuentes e usar sempre o mesmo.

Se citar un libro é bastante sinxelo, a cousa complícase un pouco máis se temos que citar un capítulo dun libro, ou un artigo dunha revista, ou mesmo unha páxina web. Para practicar todo isto, tes un titorial boísimo nesta web con prácticas incluídas (aínda que en castelán).

Ningún comentario: