17/04/12

Apadriñando!

Como xa dixemos no noso blogue adicado ás familias, o 2 abril foi o Día Internacional do Libro Infantil. Xa que ese día estábamos de vacacións, á volta fixemos unha actividade moi bonita para celebralo: os apadriñamentos lectores. Xoves e venres os rapaces de 4 e 5 anos recibiron a visita dos seus "padriños e madriñas" de secundaria que lles leron un conto. Próximamente serán varias das nosas ex-alumnas (que están a estudar bacharelato) as que apadriñarán ós de 3 anos.
Seica a experiencia foi moi boa tanto para narradores como para ouvintes, así que seguro que o próximo ano repetiremos!




E así apareceu a noticia no blogue dos pequechos ribeiráns.

Non esquezades que para celebrar o Día do Libro (23 de abril) voltaremos facer as lecturas cruzadas para que os maiores lean ós pequenos e os pequenos ós maiores!

Ningún comentario: