"Cloud Study", da serie Chromatics, por Barbara Cole (2006) |
Aínda que estamos acostumados a ver cadros hiperrealistas que semellan fotografías, non é tan común que vexamos forografías que semellan cadros, neste caso acuarelas. A fotógrafa autodidacta Barbara Cole leva traballando con esta idea dende fai bastantes anos. Na súa serie Chromatics, Barbara fotografía dende arriba modelos metidas na auga, xogando con reflexos e cores e tentando facer todos os efectos coa cámara e non con programas de retoque fotográfico. O resultado é unha conxunto de imaxes máis que interesante e certamente sorprendente.
Invitámosvos a ver esta selección de nove obras ou visitar a súa web, onde poderemos disfrutar desta serie e do resto da súa obra (a través do menú da esquerda).
"Three by four", da serie Chromatics, de Barbara Cole (2006) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario