O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Enredando pola rede, e gracias a papelenblanco.com, atopamos un xeito moi rápido (e efectivo!) de comprobar se un libro vai gustarnos ou non lendo unha soa páxina.

É ben sinxelo: colle o libro en cuestión, le a páxina 99, e decide se seguirías lendo ou non.

Por que esa páxina e non outra? Porque é unha páxina calquera, non tan elaborada como a(s) primeira(s) ou como o resumo da contraportada. E porque con libros de lonxitude normal, a esa altura do libro xa temos a trama e os personaxes desenrolados e vai darnos unha boa idea de como é en xeral o conto.

Por que só unha? Porque é un xeito rápido para decidir se quedarnos co libro cando estamos na biblioteca ou na librería!

Osquelemos propoñemosche unha cousa: usa este método co libro que queiras (que non sexa un libro de texto, ou!), déixanos un comentario nesta entrada coa túa valoración do libro... e estate atento ó premio que sortearemos entre todos os comentaristas (...que sexan alumnos, familias e profes do CPI da Ribeira).

_

2 comentarios:

Xose Antón dixo...

Nunca se me ocorrera o de mirar a páx 99 de calquera libro, probareino e xa vos contarei.

Inés dixo...

Onte collín un libro novo e, antes de empezalo, lin a páxina 99 a ver que pasaba :-)
Seica é unha novela policíaca, aínda que non lembro moi ben por que a merquei nin cando...
Nesa páxina, un poli falaba cunha muller asegurándolle que iba facer todo o posible por atopar o asasino de Óscar (?). O home era crítico co sistema, e a conversa era fluida. Daba a entender que a relación entre eles seguiría crecendo. Deixoume cun bo sabor de boca, querendo saber quen era o morto, que relación tiña ela con el, por que o policía quería gañarse a súa confianza.. e moitas outras cousas.
A continuación empecei "como dios manda", pola páxina 1, e sorprendeume o cambio de estilo: aí o autor parecía case pedante. Rematado o primeiro capítulo, que nos sitúa na escea e nos pon en antecendentes dos feitos máis recentes (que teñen ó poli medio queimado coa profesión), seguirei lendo.
Ah, o poli resultou ser un brigada da Garda Civil :-)