O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Non te despistes!

Facemos un resumo rápido das actividades que están en marcha agora mesmo na biblioteca e no blogue:

  1. Concurso de caligramas, ou poemas gráficos. Ata o 9 de decembro podes presentar calquera obra a concurso. Máis info, na biblioteca de secundaria e nesta entrada.
  2. Sorteo do test da páxina 99. Como xa dixemos, entre as persoas que respondan con comentarios a esta entrada, sortearemos un premio (si, é un libro... pero é sorpresa!).
  3. Recital Miguel Hernández. Entre tod@s os que queiramos imos gravar un recital con poemas de Miguel Hernández. Non fai falta ser un gran recitador, nen escoller un poema longo, tan só ter ganas de probar e non estar afónico o día que teñas que gravar ;-)
E logo, xa estás tardando!

_

Ningún comentario: