Dende hoxe, o flamenco, os castells, a dieta mediterránea e o canto da Sibila de Mallorca son considerados Patrimonio Cultural Inmaterial de la Humanidad. Estes catro elementos da cultura española (e mediterránea), xunto con outros corenta e tres, foron engadidos á listaxe do patrimonio na última reunión do comité da UNESCO.
A listaxe completa e a descrición destes novos elementos están neste artigo.
Que é o Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade (ou patrimonio vivo)? É unha listaxe que mantén a UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) de elementos culturais que merecen ser protexidos para que non desaparezan ou cambien, dada a riqueza e a creatividade que representan nun mundo cada vez máis globalizado. Entre eles hai danza, música, teatro, carnavais, relatos cantados, o silbo gomero...
Nesta listaxe podes atopar información sobre 200 elementos incluídos nese catálogo, algúns deles en especial perigo de desaparición.
E ti, pensas que hai algunha tradición galega que merecería ser protexida para que non desapareza?
_
Ningún comentario:
Publicar un comentario