18/11/10

Agustín Fernández Paz recibe e rexeita un premio

  




O escritor rexeitou o Premio da Cultura Galega, como explica neste comunicado, nunha acción de protesta pola política lingüística desenvolvida na Xunta polo goberno de Alberto Núñez Feijóo. Nada máis coñecer a noticia do galardón, Fernández Paz agradecíalle ao xurado a concesión dun premio que el considera, ao mesmo tempo, un recoñecemento ao colectivo de escritores que "desde hai ben anos, vén esforzándose en crear desde Galicia unha literatura infantil e xuvenil de calidade".
 
Fernández Paz é Perito Industrial Mecánico, Mestre de Ensino Primario e Licenciado en Ciencias da Educación, traballou como profesor de EXB en diferentes centros e ata hai pouco exerceu de profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Os Rosais 2, de Vigo. A súa obra, merecente de abundantes premios e recoñecementos (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove, Lista de Honra do IBBY, Premio Nacional de Literatura Xuvenil e Infantil, etc.), e amplamente traducida a diversas linguas, constitúe un referente incuestionable da literatura infantil-xuvenil galega.



Páxina web de Agustín Fernández Paz

Ningún comentario: