O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

DÍAZ CASTRO, Xosé María. Nimbos. Vigo: Galaxia, 2006. ISBN 978-84-8288-965-8.



Contracuberta:
Obra reveladora da extraordinaria forza expresiva do seu autor, que ilumina a carga que o poema leva dentro.
Nimbos viu a luz en 1961 e, desde aquela, figura entre os poemarios considerados xa clásicos da literatura galega do século XX.







 Nimbos
Se é que o poema é só un nimbo de lus
que os ollos cegos póñenlles ás cousas
soñadas, ou amadas nas teebras,

das cousas que xa foron e se foron
pro siguen sendo e non se van xa máis,
das sombras que, xogando cos meus ollos,
na  miña vida en lume se enxeriron,

eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño.

Ningún comentario: