O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

O discurso (microrrelato)

Medrara nun barrio moi pobre dunha cidade moi grande e moi rica. Desde pequeno houbo de servirse da violencia para sobrevivir e da astucia para ser libre. Así se converteu no ser máis violento e máis astuto do seu barrio, é dicir, da cidade.
No discurso que pronunciou con motivo da súa investidura como principal executivo do primeiro banco do país encareceu o sistema que permitira que o ser máis humilde do barrio máis miserable chegase onde chegara el.
Antonio Sánchez Lorenzo


Ningún comentario: