27/05/14

Feira do libro en Vigo



Dende o pasado venres e ata o próximo domingo temos en Vigo a Feira do Libro Novo, organizada pola Asociación de Libreiros de Galicia. O horario de apertura das 15 casetas é de 12 a 14 durante a semana e ata as 14.30 a fin de semana. Tódolos libreiros farán un 10% de desconto nas compras, así que non é mala ocasión para mercar libros para o verán.

Tedes o programa completo neste enlace, pero queremos destacar estas actividades que nos parecen interesantes:

- martes 27, ás 19.00, a escritora An Alfaya presenta o seu novo libro O fío vermello (que xa temos na biblioteca). Ás 19.30, Pedro Feijoo, autor de Os fillos do mar, asinará libros na caseta da Libraría Pedreira.

- xoves 29, ás 19.00, Ledicia Costas (Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter, Recinto gris) asinará na caseta da Libraría Andel.

- venres 30, ás 19.00 asinarán libros o debuxante Andrés Meixide e o humorista Luis Dávila (O Bichero). Á mesma hora, mesa redonda sobre Xosé María Díaz Castro. Ás 20.00, presentación de O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila.

- sábado 31, ás 18.00, María Reimóndez e Iván Sende contarán como se escribiu e ilustrou o último libro da autora, Volvo! O regreso de Usha (xa na nosa biblioteca). Ás 19.00, María Reimóndez asinará exemplares na caseta da libraría Andel.

- domingo 1, ás 12.00, obradoiro de hip hip con García Mc.

E por suposto haberá moitas máis cousas, así que non deixedes de ir!

Ningún comentario: