O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, data escollida pola UNESCO desde 1977 para facer visible na sociedade o traballo e a loita da muller por conseguir os dereitos que secularmente lle foran negados, pola súa participación na sociedade en igualdade co home e o seu dereito a desenvolverse integramente como persoa.
Malia ter mudado a situación da muller no último século, aínda é moito o camiño que queda por percorrer nesta loita por facer visible a muller na sociedade tanto no ámbito do social como do privado. E iso é tarefa de todos e todas!
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario