25/03/11

Libros galegos na nómina White Ravens 2011
A prestixiosa lista White Ravens, que anualmente fai unha selección do máis destacado da literatura infantil e xuvenil en todo o mundo, peneirou no que respecta a Galicia os libros de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, editado por Xerais, e a colaboración na escrita e ilustración de Carlos López e David Pintor baixo o título Contos para nenos que dormen deseguida, editado por Kalandraka.
Recoñecemento para "O pintor do sombreiro de malvas", de Marcos Calveiro, e Contos para nenos que dormen deseguida", de Carlos López e David Pintor   

Trátase dunha selección realizada cada ano pola Biblioteca de Múnic de entre o conxunto de literatura para cativos que se publica en todo o mundo.

Ningún comentario: