05/03/11

A casta Susana

O pasado luns, o alumnado de 1º e 3º da ESO visitou a exposición da Colección Zanchi (no enlace podes ver as obras expostas). Alí puderon contemplar e disfrutar obras dos grandes mestres da pintura (Rubens, Tiziano, Caravaggio, Murillo....) e unha impresionante escultura de Miguel Ángel. Con todo, o momento que captou máis a súa atención foi cando a guía explicou a historia de Susana, polo cadro Susana e os vellos, de Rubens.

Xa que a biblioteca fará unha exposición de mulleres pintoras durante o mes de marzo, ofrecemosvos un cadro do mesmo tema da pintora italiana Artemisia Gentileschi (1593 - 1654) e un relato da historia da casta Susana.


Susana era unha moza de familia acomodada que vivía en Babilonia. Había dous xuíces que, sen saber nada un do outro, estaban prendados dela e a espiaban a cotío. Un día, cando Susana estaba bañándose no seu xardín, coincidiron alí os dous homes, espiándoa, e ó ver que non había ninguén máis atrevéronse a ofrecerlle cartos a cambio de sexo. Ela non quixo aceptar de ningún xeito, asi que os xuíces ameazáronna con acusala de terse deitado cun xoven debaixo dunha árbore. Como ela seguiu sen ceder, eles levaron adiante a súa amenaza, que todo o mundo creu dado que eles eran xuíces. Cando xa a levaban cara á lapidación, o xoven Daniel conseguiu desmontar toda a falsedade interrogando ós dous xuíces por separado e demostrando asi  a inocencia de Susana. Finalmente, os xuíces foron lapidados polo mesmo xentío que ía lapidar á moza. 

 .

Ningún comentario: