O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Planeta Humano



Human Planet é unha nova producción da BBC que busca as condicións de vida máis extremas dun recuncho ó outro do planeta. O fotógrafo que acompañou ó equipo de rodaxe amosa neste vídeo unha selección das mellores fotos que fixo. Non volo perdades: son impresionantes!

Se activades "Show captions" na esquina inferior dereita do vídeo, veredes os pes de foto con información sobre onde se fixeron. O vídeo está acompañado dunha explicación do fotógrafo, en inglés, pero non fai falta entender nada: as imaxes falan por si soas.

E a primeira persoa que nos diga nun comentario que imaxe aparece de Galicia terá un premio xugoso.

Web do programa con vídeos e algunhas das fotos, e máis información.

.

2 comentarios:

Xose Antón dixo...

Im....presionante, xa teño ganas de ver os documentais.

osquelemos dixo...

Penso que en UK xa os emiten dende fai un tempo, e na súa web poden verse os capítulos completos... pero nós non podemos :-(
A ver se nolos poñen pronto!