Con motivo do Centenario de Luis Seoane, a Biblioteca decidiu honralo pintando unha das paredes da Biblioteca de Secundaria. Baseándose nas súas obras, e coa colaboración do Departamento de Plástica, propúxoselle ao alumnado de PDC a elaboración de 3 proxectos. Os grupos participantes xustificaron as súas creacións inspiradas nas obras orixinais do pintor diante dun xurado.
En vista dos bos resultados, optouse por escoller o proxecto de "Libertad al desnudo", obra de Esteban Fernández e Carla Freiría, para a Biblioteca, e os restantes para outras zonas do Centro aínda por determinar.
Dende osquelemos queremos agradecer ó alumnado, á profesora Cristina González Treceño e ós membros do xurado a súa colaboración, e expresar a nosa satisfacción pola calidade dos proxectos presentados. Noraboa a todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario