31/03/11

Día do Libro Infantil

O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, conmemorando o nacemento do escritor Hans Christian Andersen.
Cada ano a IBBY encarga un texto e un cartel para celebrar esta data. Deixámosvos ambos, asi como o enlace ó tríptico en tódalas linguas do estado.


O libro lembra
No meu país, Estonia, case todo o mundo coñece esta frase de memoria. Así comeza un libro. O título do libro é “Primavera”, que se publicou en 1912 e foi escrito polo escritor estoniano Oskar Luts (1887 – 1953).
“Primavera”  narra a vida dos nenos dunha escola rural dun pobo de finais do século XIX en Estonia. Oskar Luts escribiu dos seus anos escolares. Arno é enrealidade o mesmo Oskar Luts na súa infancia.
Os investigadores estudan documentos antigos e escriben libros de historia segundo estes. Os libros de historia falan de sucesos que tiveron lugar algunha vez. Nos libros de historia un non entende ben como era a vida da xente corrente daquela época.
Non obstante, os libros históricos costumistas lembran feitos que non atopamos nos documentos históricos, como por exemplo o que pensaba un rapaz como Arno cando hai cen anos ía á escola. O libro lembra os soños dos nenos, as súas dúbidas, os seus gustos e as súas afeccións. Tamén lembra aos pais dos nenos, como lles gustaría ter sido a eles e o que desexaban para o futuro dos seus fillos.
Por suposto que hoxe en día tamén se poden escribir libros de tempos pasados e estes son adoito apaixonantes. Pero en realidade, un autor de agora non sente os olores, os sabores, os temores e os gustos dos tempos remotos. El xa sabe o que aconteceu, o que o porvir lle tiña velado á xente daquel tempo.
Os libros lembran a época na que foron escritos.
Coas novelas de Charles Dickens sabemos que lle parecía a un neno a veda nas rúas de Londres a mediados do século XIX, cando Oliver Twist paseaba por elas. A través dos ollos de David Copperfield –que eran os mesmos ollos de Dickens- tamén nós vemos toda clase de tipos que vivían na Inglaterra de mediados do século XIX, cales eran as relacións entre eles e cales eran as ideas e emocións nas que se fundamentaban. Como David Copperfield é en gran medida Charles Dickens, este non tivo que inventar nada; el simplemente sabía.
Os libros dannos a coñecer o que realmente sentían Tom Sawyer, Huckleberry Finn e o seu amigo Jim ao navegar polo Mississippi a finais do século XIX, no momento no que Mark Twain narraba as súas aventuras: el coñecía profundamente o que a xente da súa época pensaba dos demais, porque el mesmo vivía entre eles. El era un deles.
As obras literarias que foron escritas na súa mesma época, cando a xente daquel tempo aínda vivía, son as que falan de xeito máis auténtico da xente do pasado.
O libro lembra.

Aino Pervik
Tradución ó galego de Eva Lozano Carpente

Ningún comentario: