23/12/10

Arte electrizante


© Hiroshi Sugimoto 
Lightning Fields 128, 2009

Poñamos que temos unha cámara de fotos, que temos a arte e o ollo fotográfico de Hiroshi Sugimoto, e que por casualidade somos os felices donos dun xerador de Van de Graaff*. O resultado é unha serie de fotos espectaculares como a que aparece neste post. A que nunca vichedes a electricidade asi?

* O xerador de Van de Graaff é unha máquina electrostática que emprega unha cinta móbil para acumular grandes cantidades de carga eléctrica no interior dunha esfera metálica baleira. As diferencias de potencial poden acadar os 5 megavoltios. As aplicacións desta máquina inclúen a produción de raios X, a esterilización de alimentos, e experimentos de física de partículas e física nuclear, además da posibilidade de fotografar a electricidade como fai Sugimoto.

.

Ningún comentario: