O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Un adeus a Paco de Lucía

Hoxe sacudiunos a mala nova de que morrera Paco de Lucía, un dos grandes xenios da música española e un dos mellores guitarristas flamencos de tódolos tempos.

Paco, que tocaba "de orella", revolucionou a música flamenca pero tamén foi artífice de grandes obras de fusión co jazz e incluso interpretacións memorables de música clásica.

Descanse en paz, maestro!

Deixámosvos tres pezas claves na súa historia: Entre dos aguas, un dos seus concertos cos guitarristas de jazz John McLaughlin e Al Di Meola, e o seu impresionante Concerto de Aranjuez do compositor Joaquín Rodrigo:





Ningún comentario: