18/02/14

E por que o luns é luns?

Sabes de onde veñen os nomes dos días da semana? Nesta imaxe tes os nomes en varias linguas e a súa explicación. Como verás, a orixe deses nomes coincide en varias linguas:


GLOSARIO

LUNS:
Moon: lúa
Day after the weekend: día despois da fin de semana
Star period I: período astronómico 1

MARTES:
Tyr: deus nórdico da guerra 
Mars: Marte, deus romano da guerra
Fire: lume

MÉRCORES:
Wedin / Wodnes / Wodanaz: deus nórdico equivalente a Mercurio
Mercury: Mercurio; deus romano do comercio, mensaxeiro dos deuses
Mid-week: media semana
Water: auga
Middle: medio

XOVES:
Thor: deus nórdico do trono
Thunder: trono
Jupiter: principal deus romano
Wood: madeira

VENRES:
Fery: deus nórdico da chuvia, do sol nacente e da fertilidade
Venus: deusa romana do amor
Gold: ouro

SÁBADO:
Saturn: o planeta Saturno e o deus romano da agricultura
Samstag: día de Sabbath ou descanso
Sabbath: séptimo día da semana xudía, día sagrado no que non se pode traballar
Earth: terra

DOMINGO:
Sun: sol
Lord's day: o día do Señor
Resurrection: resurrección

Como curiosidade, engadimos que o sábado chámase "o día de bañarse" nas linguas escandinavas (danés, islandés, finlandés, sueco...).

Ningún comentario: