11/02/14

A despedida de Berrogüetto


A semana pasada saltou a noticia de que Berrogüetto, un dos mellores grupos galegos de tódolos tempos, separabase despois de 18 anos de boa música xuntos. Eles explícarono así na súa web:

Facémolo cun sorriso, satisfeitos polo traballo realizado e polos obxectivos acadados.

Logo de 5 discos e un libro-disco editados e un bo feixe de inesquecibles concertos, poñemos fin á nosa carreira como grupo, conscientes e orgullosos do compromiso mantido sempre coa música e a cultura do país, guiándonos únicamente polo noso afán creativo e o noso propio e inconformista universo musical.

Non podemos nin queremos deixar de agradecer o apoio recibido por parte da crítica e, de xeito especial, das nosas familias e do noso público. Todos eles fixéronnos sentir o seu alento e apoio ao longo de todos estes anos de andaina musical, nos bos e nos malos momentos.

Tentaremos corresponder á vosa incondicional fidelidade da maneira que mellor sabemos, cunha pequena xira de despedida por algunhas das vilas máis importantes do país, que anunciaremos no seu momento.
Moitas grazas a todas e a todos!
Unha aperta. BERROGÜETTO

Osquelemos queremos desexarlles o mellor nesta nova etapa... pero tamén que sigan facendo música para que nós sigamos disfrutando.



Na biblioteca tedes o seu último traballo: O pulso da terra, un libro-disco (que atoparedes cos libros de música) que contén a súa biografía, o DVD do concerto que Berrogüetto ofreceu o 13 de novembro de 2010 no Auditorio de Galicia, con motivo da presentación do seu álbum Kosmogonías, así como o CD coa banda sonora daquela histórica velada.


Deixámosvos a súa canción Xente, escrita por Guadi Galego e Guillermo Fernández e inspirada nun texto de Manolo Maseda, nunha montaxe con imaxes das xentes da nosa terra:

Olla a rúa de atrás
Olla o chan oe o mar
Olla os que xa non están
Oe o bardo cantar

Oe o son do andar
Son os que veñen sen pan
Saen do seu despertar
Collidos da túa man

Óllame óllate
Olla os ollos dos ven
Ven de ti ven de min
Óllame óllate

Xente que vai soa
Xente vai embora
Xente que namora a
xente

Xente diferente
Xente intelixente
Xente intermitente
Xente

Xente divertida
Xente distendida
Xente á túa medida
Xente

Xente que comprende
Xente que sorprende
Xente que non se vende
Xente

Ningún comentario: