O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

O blogue literario Caderno da Crítica, de Ramón Nicolás, vén de publicar un cuestionario que lle fixo á autora Ledicia Costas (Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter, Recinto gris). Este cuestionario é unha adaptación do famoso cuestionario Proust, que no seu momento foi un xogo de salón que, con 38 preguntas ben seleccionadas, pretendía ser un divertimento pero tamén un xeito de coñecer a alguén a fondo. Tes tódalas preguntas e a interpretación do tipo de respostas neste enlace.

E estas son as respostas de Ledicia con algúns enlaces engadidos por nós:


1.– Principal trazo do seu carácter?
- O inconformismo.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
- A integridade.
3.– Que agarda das súas amizades?
- Que comprendan a miña vea tola, que me queiran e que me fagan rir.
4.– A súa principal eiva?
- A introversión.
5.– A súa ocupación favorita?
- Escribir, recitar e durmir. Cústame escoller.
6.– O seu ideal de felicidade?
- Que as persoas que quero estean ben.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
- A perda dun ser querido.
8.– Que lle gustaría ser?
- Gústame ser Ledicia Costas. Aínda que confeso que me encantaría ser actriz fixa das pelis de Tim Burton.
9.– En que país desexaría vivir?
- Inglaterra, aínda que non a cambiaría por Galicia.
10.– A súa cor favorita?
- Negra.
11. – A flor que máis lle gusta?
- As mimosas.
12.– O paxaro que prefire?
- Os bufos.
13.– A súa devoción na prosa?
- Non son moi devota… Saramago, Michael Ende, Boris Vian.
14.– E na poesía?
- Sylvia Plath, Alejandra Pizarnik.
15.- Un libro?
- O ensaio sobre a cegueira. [de J. Saramago]
16.– Un heroe de ficción?
- Son Goku.
17.– Unha heroína?
- Pipi Langstrum.
18.– A súa música favorita?
- Badalamenti, Mike Olfield.
19.– Na pintura?
- Tamara de Lempicka, Salvador Dalí.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
- Só un? Mary Wollstonecraft.
21.– O seu nome favorito?
- O do meu avó Marciano.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A prepotencia, o exceso de ego.
23.– O que máis odia?
- A violencia en xeral e a machista en particular.
24.– A figura histórica que máis despreza?
- Adolf Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
- Os tratados de paz.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
- Sempre quixen ter o don da teletransportación, aínda que empezo a crer que ía producirme un exceso de estrés.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
- Durmindo. Ou soñando, para ser aínda máis concreta.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
- A Ledicia.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
- O despiste, a desorde, a impulsividade.
30.– Un lema na súa vida?
- Non son de lemas. Sorrirlle á vida, sen máis.

Cuestionario realizado e publicado por Caderno da crítica
Fotografía de Ledicia Costas no CPI da Ribeira realizada por Inés Montenegro.

Ningún comentario: