23/02/12

A música dos paxaros

Non, isto non é o que estades pensando. Trátase dun músico que ve unha foto na prensa duns paxaros pousados nos cables de electricidade. Dá a casualidade de que hai 5 cables, como no pentagrama, así que o home, Jarbas Agnelli, transcribe a "partitura" que está vendo e a convirte en música:







Curioso, non si? Está claro que @s artistas miran o mundo cunha ollada moi especial.

Ningún comentario: