28/02/12

Estrada a ningures

Hai unha curiosa ponte en Noruega que algúns chaman "a estrada a ningures":



Non, non é que a estrada remate no aire! Trátase dun efecto óptico, pois a ponte (tamén chamada "ponte bébeda") describe unha curva:

 Ponte Storseisundet
Esta ponte é parte da chamada Autopista do Atlántico, que vai apoiándose en pequenas illas para comunicar o continente coa illa de Averoy. Conta con oito pontes e ten unha lonxitude total de 8 km. A estrada é tan espectacular que é o segundo sitio máis visitado de Noruega.




Non o dubidamos, pero tampouco dubidamos que conducir por aí ten que dar medo, especialmente se sabemos que durante a súa construcción sufriron 12 tormentas de tipo huracán:


Imaxes atopadas en internet sen referencia á autoría

Ningún comentario: