O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

O día da Paz

O pasado 30 de xaneiro celebramos o "Día escolar pola paz e a non violencia". Como tódolos anos, nas aulas traballouse o tema de distintos xeitos e, aparte das exposicións nos corredores, nese día fixemos unha actividade conxunta con ACEESCA:




Dende a biblioteca propuxemos ler este relato de Rodari nas titorías:

A PALABRA CHORAR
Esta historia aínda non sucedeu, pero seguro que sucede mañá. Velaí vai.
Mañá, unha vella e boa mestra levou os seus alumnos, en fila de dous, a visitar o Museo do Tempo Pasado, onde se gardan as cousas de antano que xa non serven para nada, como a coroa do rei, a cola do vestido da raíña, o tranvía de Monza etcétera.
Nunha pequena vitrina un pouco poeirenta estaba a palabra chorar. Os alumnos de Mañá leron o letreiro, peron non entendían.
-Profesora, que quere dicir iso?
-É unha xoia antiga?
-Era dos etruscos?
A mestra explicoulles que noutrora aquela palabra era moi usada, e facía dano. Mostroulles un frasquiño en que se conservaban unhas lágrimas: non se sabe, talvez as vertese un escravo azoutado polo seu amo, talvez un neno que non tiña casa.
-Parece auga –dixo un dos alumnos.
-Si, pero proía e queimaba –dixo a mestra.
-E logo, fervíana antes de usala?
Os alumnos non entendían nadiña e xa empezaban a aburrirse. Entón a boa mestra acompañounos a visitar outras salas do museo, onde se amosaban cousas máis doadas, como a reixa dun cárcere, un can gardián, o tranvía de Monza etcétera. Todas elas eran cousas que no feliz país de Mañá xa non existían.

A segunda parte da actividade consistíu en facer un Museo da paz na biblioteca, no que entre tod@s colocamos cousas que queremos que desaparezan ou cousas que queremos recordar sempre. Este foi o resultado:



















Por se fose pouco, o alumnado de PDC fixo uns murais multimedia que imos compartir gustosos:










Ningún comentario: