O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Aínda que a sociedade avanzou moito dende que as nosas avoas eran unhas nenas, queda moito camiño por percorrer. Agora, aparentemente, todos aceptamos que mulleres e homes somos diferentes pero equivalentes, e que temos os mesmos dereitos. Pero no práctica non é así. Segue a haber unha importante diferencia nos salarios (a mesmo traballo, as mulleres cobran un 17% menos que os homes) e segue a haber moitos traballos ós que as mulleres non chegan, ou chegan pero cunha grande carga de desprezo e abuso que aguantan cada día.

As cifras son moi claras neste sentido:

 - aproximadamente a metade da poboación española (algo máis do 50%) son mulleres;
 - o 61% das persoas que rematan estudos na universidade son mulleres;
 - as mulleres son mellores estudantes e repiten menos cursos;

 - só 4 das 17 comunidades autónomas están presididas por mulleres;
 - o goberno de España conta con 4 ministras e 9 ministros; o goberno galego está máis igualado, con 4 conselleiras e 4 conselleiros;
 - en Grecia, o novo goberno recén elixido non ten ningunha muller ministra;
 - o 17% das alcaldías de España está ocupada por mulleres; en Galicia e Asturias, esa porcentaxe baixa ó 10%;
 - o 35% dos concelleiros dos concellos españois son mulleres;
 - o presidente do goberno é un home, e os candidatos á presidencia son homes; nin España nin Galicia foron gobernados nunca por unha muller;
 - tan só 17 países do mundo (hai 194) están gobernados por mulleres;
 - a xefatura do estado está en mans dun home (Felipe VI) a pesares de non ser o fillo primoxénito do rei anterior; o posto tería que ter recaído na súa irmá maior, Elena, de non ser pola Lei Sálica (do século V), que impide que as mulleres suban ó trono;
 - o 100% da xerarquía da iglesia católica son homes; as mulleres non poden acceder a dirixir nada dentro dela, a excepción das mulleres consagradas (monxas), que poden dirixir as súas comunidades;
 - das 35 grandes empresas que cotizan na bolsa española, só 3 están dirixidas por mulleres; nos consellos de administración das grandes empresas, as mulleres representan o 17%;
 - en toda a historia do Premio Nobel (e iso son 111 anos), só o gañaron 46 mulleres nalgunha das súas 5 categorías (46 premios dun total de 555);

Se no ámbito da política e da empresa a situación da muller non está moi ben, parece que hai outros ámbitos nos que está aínda peor, como insinúan estas dúas noticias:




O nomeamento dunha muller como capitana do equipo de tenis masculino da Copa Davis levantou moita polémica (que chegou ata o Congreso dos Diputados); algúns xogadores chegaron a dicir que "siempre que se pueda, [el capitán] debe ser un hombre" ou aludir ós "problemas" que habería no vestiario. Curiosamente, hai centos de equipos femininos entrenados por homes e nunca houbo problemas.










Este mesmo mes, o público e un xogador dun partido de fútbol en Cádiz insultaron á xuíz de liña polo mero feito de ser muller, dedicándolle perlas como "Ojalá Franco levantara la cabeza y os mandara a vuestro sitio, que es la cocina" o "Vete a fregar, que este no es tu sitio".






Pero, a pesar de todo, cómpre mirar ó futuro con ilusión e buscando construír un lugar xusto para todos e para todas, porque é ben certo que podemos facelo. Só fai falta querelo.



Ningún comentario: