O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

A beleza da química


Na web Beautiful Chemistry ("química fermosa") temos uns vídeos e imaxes moi interesantes que amosan a beleza que pode ter a química. Reaccións, estruturas, aparatos, precipitacións, cristalizacións... Paga a pena botar un ollo!

Como exemplo aquí tedes un vídeo dos cambios de cor que se producen ó someter un vexetal con cor a un ácido:


Esta web pertence ó Instituto de Tecnoloxía Avanzada da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de China.

Ningún comentario: