11/06/14

Eres un friqui dos libros?

Ilustración de Julia Cejas
 
Está claro que a moitos de nós gústanos ler e a algúns máis que a outros. Pero pensas que chegamos á categoría de "friquis"? Somos tan radicais?
 
O blog Papel en blanco fixo este cuestionario para averiguar ata onde chega o noso friquismo cos libros. Podes puntuarte de 0 a 10... e compartir con nós os resultados se queres:

1. Horrorízache a idea de que se rompan libros para proxectos de arte?
2. Colléronte algunha vez cheirando un libro usado?
3. Odias as películas baseadas en libros porque nunca están á altura de como as imaxinas na túa cabeza?
4. Tes unha preocupación real de que o teu montón de libros por ler caia mentras durmes e te aplaste?
5. Coñeces máis citas de autores clásicos que frases da cultura pop?
6. Pensas nas personaxes moito despois de rematar o libro e pregúntaste como serían en realidade?
7. Tes unha listaxe cos libros emprestados para non perderlles a pista en ningún momento?
8. Bailas no salón se algún dos teus autores/as favoritos/as te retwitea? Se che fai un follow, xa nin falamos, verdade?
9. Tes varios exemplares dun mesmo título porque non te resistiches a unha nova edición do mesmo?
10. Non tes nin idea do que botan esta noite na televisión?


Ningún comentario: