O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Que ler en verán?

Chegan por fin as tan ansiadas vacacións e imos ter moito tempo para dedicar á lectura. Por onde empezar? Ademais dos libros que fumos recomendando todo o curso, aquí van as recomendacións de verán para a ESO. Na segunda entrega, recomendaremos libros para profes e familias.

1º CICLO da ESO




DOCAMPO, Xabier P. (2014): A illa de todas as illas, ed. Xerais.

Aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira.







GALEGO GEN, Ana Mª (2012): Bandeiras negras, Baía Edicións.
Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2012  

Aventuras da pequeña escrava Providence, quen se converterá no mariñeiro Chris.


Le aquí o primeiro capítulo.




2º CICLO da ESO



 ALONSO, Fran (2014): Silencio, ed. Xerais, 2014.

Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense que se intensifica de forma vertixinosa para presentarnos unha historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano.


Taboleiro de Fran Alonso sobre a novela en Pinterest.





ANEIROS, Rosa (2013): Ámote Leo A. Destino Xalundes, ed. Xerais.

Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa.
Primeira entrega da triloxía.





TOBERY, Lea (2014): Vapor, ed. Xerais.

Helena ten 19 anos e hai un sufriu un terrible accidente de avión. Só ela sobreviviu. A partir dese tráxico suceso, a súa vida cambiou por completo. Ela, unha persoa alegre, empezou a amosar bruscos cambios de humor. O seu presente é de cor negra: case sempre está abatida, irascible ou triste. E, a miúdo, séntese vapor: coma se transitase entre a realidade e a irrealidade. Desde o accidente, a súa existencia está estreitamente vinculada a un segredo. Ela e o seu segredo son inseparables. Algo inconfesable ocorreu naquel avión sinistrado.


 





Ningún comentario: