05/12/13

500 posts!



Di blogger.com que esta é a entrada número 500 deste blog... e ha de ter razón! Moito choveu desque publicamos un saúdo en xuño de 2010 e comezamos a publicar periódicamente a inicios do curso 2010-11!

Neste tempo (e nisto tamén imos crer o que nos di blogger.com) recibimos case 88.000 visitas:



Algo menos da metade dos nosos visitantes son de España, pero sorprendentemente tamén nos visitan dende Rusia ou Estados Unidos de América:



A entrada máis vista, con máis de 29.000 visitas, é I love you pero tamén chamaron moito as entradas sobre postais de felicitación de nadal en galego (esta e esta) que suman máis de 4.000 visitas:



E por detrás de toda esta fría estadística están as persoas:
 - a este lado da pantalla, a profe Inés, pero tamén as profes Mar e Chus, "coméndose o coco" cada semana para interesarvos e entretervos e animarvos a ler e a seguir sentindo curiosidade polo mundo;
 - a ese lado da pantalla, ti, que lle dás sentido a este blog.


A por 500 entradas máis!

Felices lecturas!


Ningún comentario: