O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Os clásicos tamén pecan

Fernando Argenta, coñecido divulgador da música clásica e presentador de Clásicos Populares e El conciertazo, faleceu a semana pasada en Madrid.

Argenta deixounos unha morea de programas de radio e televisión, varias recompilacións de música clásica (Clásicos populares, Clásicos divertidos, etc.) e un libro moi entretido sobre a vida dos grandes compositores: Los clásicos también pecan. La vida íntima de los grandes músicos.

Neste vídeo podedes ver a entrevista que lle fixeron a Fernando Argenta presentando o su libro, unha entrevista moi amena na que nos desvela detalles curiosos sobre Mozart, Beethoven...





Ningún comentario: