O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Esas comas!

Por desgraza para os descoidados, unha coma mal posta pode cambiar totalmente o sentido dun texto. Este titular de periódico, por exemplo, di que Pablo Alborán é ¡unha raíña!:


Ben sabedes que o suxeito e o predicado non deben separarse cunha coma, como fixo o que redactou ese titular, salvo en ocasións moi especiais.

Un caso no que si hai que usar coma é para separar os vocativos:


E seguro que tedes visto carteis coma este, que resultan humorísticos porque lles falta a puntuación, e que indican que non se pode fumar gas:


Pero a falta dunha coma non sempre provoca risas. A traducción ó inglés da Biblia, nalgunhas edicións, di que Jesús foi crucificado "con outros dous ladróns"... chamando ladrón tamén a Jesús!

Neste artigo tedes algún outro exemplo de comas mal usadas. Esperamos que o lembredes cando escribades e esas comas estean ben postiñas!

Ningún comentario: