06/12/11

A constitución

Hoxe, 6 de decembro, celebramos o Día da Constitución porque tal día, fai xa 33 anos, os cidadáns aprobamos nun referendo a constitución que nos rixe a tod@s, convertíndonos nunha monarquía parlamentaria.
Osquelemos somos moi noviños, pero aínda lembramos a campaña que se fixo na tele e na radio para que todo o mundo votara no referendo previo á constitución (porque primeiro, en 1976, houboque decir si ó cambio político, e xa en 1978 aprobar definitivamente a nova constitución):



Por suposto, esta non foi a primeira constitución que tivemos: a primeira foi aprobada en Cádiz en 1812 pero, a pesar de ser a máis famosa e a máis longa (con 384 artigos), non durou apenas nada (6 anos, e de xeito intermitente). De aí vén a expresión "¡que viva la Pepa!": dous anos despois de ser aprobada, Fernando VII aboliuna e incluso prohibiu mencionala; e como fora promulgada o día de San Xosé, a xente, que non podía berrar "¡viva a Constitución!", berraba "¡viva a Pepa!".

Para non prolongarnos sobre a historia das nosas constitucións e as súas características, recomendamos que vexades este enlace.

Ler a Constitución é moi interesante e moi enriquecedor, pero pode ser un pouco ardua para vós. No seu lugar, recomendámosvos que leades esta versión para rapaces que preparou o Goberno de Canarias: é moi clara e non se perde con "palabros" raros. As ilustracións que ten son un pouco infantís, pero o contido e a lingua que usa non ten nada de infantil!

Ah, por certo: feliz Día da Constitución a tod@s!


Ningún comentario: