O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Culturgal



Dende hoxe ata o domingo, temos no Pazo da Cultura de Pontevedra o Culturgal, a gran feria da cultura galega. Alí teremos exposicións, actividades, obradoiros... de libros, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías.

Tedes toda a información na web de Culturgal e unha boa reseña coas actividades máis destacadas no portal culturagalega.org.

No campo literario, a grande novidade da edición 2011 de Culturgal é a proposta de realizar unha novela en directo. O escritor Camilo Franco entrevistarase cos asistentes interesados en se converter en personaxes literarios. Ao longo do evento, o autor irá escribindo e subindo á rede a narración segundo a vaia elaborando. Outra proposta tamén de letras pero menos etérea será o primeiro Xantar Literario, que se celebrará o domingo 4 no restaurante Rúas (entre a Praza da Leña e a Praza da Verdura). Pepe Cáccamo, Fina Casalderrey, Xabier P. Docampo e Xesús Fraga elaborarán as receitas que realizaron para os libros Cociñando ao pé da letra e 50 recetas con moras.


Ningún comentario: