06/07/11

Calidade e cantidade no ensino

Di hoxe a prensa que o profesorado e as familias dun colexio de Ferrol están a protestar polos recortes de profesorado para o próximo curso. Se se ven as características do centro, é impensable que poida funcionar ben con 7 profes menos como quere a Consellería. No noso centro, por certo, tamén están a facer recortes, aínda que polo momento non son tan drásticos. Queda claro que o alumnado e o profesorado son só números para aqueles que mandan, e o que ten menos prioridade é a calidade do ensino.
Curiosamente, tamén na prensa de hoxe sae esta viñeta de Forges. E terá razón?


(A noticia non sae nin na Voz de Galicia nin no Correo Gallego)

Ningún comentario: