05/07/11

Os primeiros son os primeiros



Certamente non debería ser noticia que unha rapaza remate a ESO, pero neste caso, por desgraza, sigue a ser noticia. En España, aproximadamente o 6% de xitanos teñen o título da ESO ou equivalente; en Galicia, a porcentaxe baixa ó 1'2%.

E este ano, seica Nazaret fixo historia por ser a primeira persoa de etnia xitana que remata os estudios da ESO no noso centro, e probablemente en O Porriño. A ela, a nosa máis grande noraboa e, sobre todo, moitos ánimos para seguir adiante loitando polo que quere. E ós demáis... que tomen exemplo de que querer é poder, e de que hoxe en día sen estudos non hai futuro.

Noticia publicada en El Faro de Vigo e noticia publicada en La Voz de Galicia (30/06/2011), e entrevista a Nazaret en El Faro de Vigo (5/07/2011).

.

Ningún comentario: