O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Compartindo lecturas e paisaxes

    
     O martes 23 de maio puidemos reunirnos varios colexios no Parque de Castrelos para gozar da lectura en galego. Alí estivemos cos compañeiros e os alumnos e alumnas do CEIP Frián - Teis, o Pombal, o Carrasqueira, o Ría de Vigo, o Emilia Pardo Bazán, o  CEIP Eduardo Pondal, o CEIP A Doblada, o CEIP Fleming, o CEIP Chans Bembrive, o CEIP Balaidos e  o noso centro que participou por segundo ano consecutivo. Levamos un grupo de 4º de Primaria e dous de 3º de Primaria.

      Foron tres horas de compartir lecturas, merenda e contos nun entorno único. 

    Para rematar a xornada, escoitamos os marabillosos contos de Bea Campos, as  palabras do Alcalde de Vigo,Abel Caballero, e a canción que xa se está a convertir no himno destas xornadas: O libro máxico, de Migallas.

     Todo isto foi posible grazas á coordinación do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (capitaneado por Marta Souto), da Biblioteca de Proximidade Xosé Neira Vilas (con Anxo Alberte, o seu director, á cabeza) e de Antonio Fernández (IES Carlos Casares) e á colaboración dos mestres e mestras dos centros participantes.


 
















Ningún comentario: