O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

O indoeuropeo


Xa sabedes que a nosa lingua está emparentada con outras como o francés, o italiano, o rumano... e que todas elas proceden do latín. Pero aparte desta relación tan cercana, tamén está emparentada cun montón de linguas que se falan en Asia e Europa; todas elas teñen un antepasado común, que se soe chamar "indoeuropeo" (falábase uns 5000 anos antes de Cristo). A familia das linguas indoeuropeas é a maís grande do mundo: inclúe 150 linguas faladas por 3200 millóns de persoas (case a metade da poboación mundial).
Como sabemos isto? Hai algunhas palabras básicas (os números baixos, os nomes dos membros da familia...) que son relativamente parecidas en todas estas linguas e que foron aínda máis parecidas hai moitos, moitos anos. O indoeuropeo divídiuse en varias ramas con características comúns, e de cada unha delas xurdiron varias linguas, como podedes ver na ilustración que abre esta entada. Como exemplo, aquí tedes os números do 1 ó 10 nas versións máis antiguas destas ramas:


proto-IE PROTO-
GERMÁNICO
latín PROTO-
CELTA
PROTO-
BÁLTICO
antiguo
eslavo
PROTO-
ALBANÉS
PROTO-
INDOIRANIO
PROTO-
ANATOLIO
PROTO-
GRIEGO
PROTO-
ARMENIO
PROTO-
TOCARIO
1 *oynos *ainaz ūnus *oinos *oīns jedĭnŭ *(ai)ɲa *aiwas *ānt *hemei- *mik *ṣēs
2 *dwō *twai duō *dwei *dw(ā)i dŭva *dui *dwā *dā- *dwō *tgu *wu
3 *treyes *θreiz trēs *treis *trijas trĭje *tre(ye) *trayas *tri- *tri *erek' *treyɨ
4 *kʷetwor- *fiθwor quattuor *kʷetwar- *keturi četyre *katur *ćatwaras *mewi- *qettar- *ć'eyork' ɨtwerɨ
5 *penkʷe *fimf- quinque *kʷenkʷe *penki pętĭ *penće *panća *panku *pente *pink *pɨnśɨ
6 *sweks *seks sex *sweχ *sweši šestĭ *skes- *swaćs
*hweks *hweć' *ṣɨks
7 *septm *sibun septem *seχtan *septīni sedmĭ *septa- *sapta
*hepta *hewt'm *šɨptɨ
8 *h3oktō *ahtō octō *oχtū *aštōni osmĭ *(ak)te- *aštā *haktau *oktō *ut' *oktɨ
9 *newn *niwun novem *nawan *newīni devętĭ *nan- *nawa *nu- *ennewa *inn *ñɨwɨ
10 *deḱm *tehun decem *dekam *dešīmt- desętĭ *ðeć- *daća
*deka *desm *śɨkɨ

(as verbas precedidas de asterisco son reconstrucións ou hipóteses de como serían naquela época)

Esta é a distribución actual das linguas de orixe indoeuropea en Eurasia, coas ramas en distintas cores:

«Indo-European branches map» de Hayden120. Oxford University Press. New York 1992.
Para máis información, consulta a Wikipedia.

Ningún comentario: