23/02/15

La lección de August

PALACIO, R. J. La lección de August. Ed. Nube de Tinta, 2012.

Esta semana chegou á biblioteca un exemplar de La lección de August recomendado pola profe Fernanda, que o recomenda como lectura para a súa materia en 3º ESO.

No blog O recanto de Mik, da biblioteca do CEIP Mestre Goldar, atopamos esta reseña do libro, que compartimos con vós:



"Entre as novidades adquiridas pola biblioteca a principios deste curso escolléronse tres exemplares de La lección de August, da autora R. J. Palacio, influídos, quizais, polo gran éxito de lectores, xa que inundaba os escaparates das librarías e polas boas críticas que tiñamos lido. E así chegou aos nosos estantes, ou mellor dito, non logramos situalos nos estantes correspondentes porque a rapazada nolos quitaba das mans incluso antes de telos catalogados. Por aí veu a necesidade de ler esta novela e ter a nosa propia opinión sobre ela. Pois ben, non defraudou!. Os puntos fortes: un sentido do humor rebosante de autenticidade, varios narradores, coas súas voces e puntos de vista, a autora explora a natureza da amizade, a tenacidade, o medo e a percepción dun mesmo e dos outros.
Como dicía, La lección de August, é dese tipo de libros que vén precedido, ademáis das opinións en revistas e catálogos, das recomendacións do boca a boca, polo que che crea un montón de expectativas..... E, o mellor, despois cúmpreas. É realista, tenro sen caer no ridículo ou sensible e que che mostra o crueis que podemos ser sen propoñérnolo.
August é un cativo de 10 anos cunha rara enfermidade xenética que o converte fisicamente nun monstro, sábese diferente por como os demais reaccionan ante el, pero el quere sentirse normal, só iso, ser normal. Contado simultáneamente por August e as persoas próximas a el, móstrasenos os distintos puntos de vista das persoas que o rodean e que a pesar de querelo non conseguen aceptar a súa deformidade. A súa irmá, que o adora, reséntese de toda unha vida en segundo plano na súa familia. Os seus novos compañeiros, que tendo dificultades para aceptalo, tratan de integrar e entender...mesmo os que o rexeitan e son deliberadamente crueis. Unha novela de doada lectura, conta cun sentido do humor que o afasta do drama sen quitarlle un ápice de sensibilidade, amor á vida e ás alegrías e desventuras desta.
Unha obra profunda, fermosa, que deixa un bo sabor de boca. Ideal para todas as idades e todo tipo de público.


 Podes ver outra reseña do libro en El templo de las mil puertas e outra en Esbozos de tinta Entrevista á escritora".

E aquí tedes unha vídeo-reseña da mesma novela:



Ningún comentario: