25/06/11

Fin de curso con novidades

Rematamos xa o curso e moitos de vós estaredes disfrutando dunhas merecidas vacacións. Osquelemos seguirá aquí durante o verán, compartindo cousas con todos e todas, aínda que dun xeito máis pausado.
Nos próximos días engadiremos a lista dos libros recomendados para o verán asi como o último boletín Leria, pero tamén nos gustaría que vós recomendedes libros ou comentedes o que vaiades lendo.

E no curso 2011-12... haberá novidades na biblioteca, e ademáis moitas! Tras un duro esforzo do equipo da biblioteca, pero especialmente da profe Chus, a Xunta acaba de concedernos unha contía moi xenerosa para a biblioteca escolar. Pertenceremos á rede de bibliotecas que se soe chamar PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares), dotadas de abundantes recursos económicos e constante asesoramento. Todo iso vai facer que a vosa biblioteca, que xa cambiou moito nos últimos anos, siga mellorando.

Esperamosvos en setembro con novas lecturas e moitas sorpresas. Pero non esquezades para que é a biblioteca:



Feliz verán!

.

4 comentarios:

Xose Antón dixo...

Miña noraboa ás membras da biblióteca, e por extensión a todos os que dunha maneira ou outra a desfrutamos.

Luisa dixo...

Que boa nova! Parabéns a todos!

osquelemos dixo...

Moitas gracias, meus! ;-)

nerea dixo...

noraboa! sobre todo as profes da biblioteca polo seu traballo... a seguir asi para continuar a mellora da biblioteca que xa cambiou moito...