16/06/11

Ides á feira a mercar?

Din que non todos van á misa por rezar, nin á feira por mercar. E claro, nós preguntámonos por que vides a este blogue, qué é o que máis vos gusta, qué vos gustaría que tivese, qué quitaríades...

Botadesnos unha man? Podedes contestar a estas preguntas enviándonos un correo coas vosas ideas, críticas e suxestións a biblio.cpi.ribeira@gmail.com ou ben escribindo un simple comentario a esta entrada. Ou teremos que facer outra enquisa máis? ;-)

1 comentario:

Anónimo dixo...

pois eu visito este blogue para ver as novas que hai. o que máis me gusta do blogue son os vídeos e as imaxes da escola. gustaríame que houbese novas con máis frecuencia