23/10/10
Concurso de lectura en voz alta
A Consellería de Educación, a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ven de publicar no Portal Educativo a convocatoria do I Concurso de Lectura en voz alta, "LER E ESCOITAR", destinado ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo de ESO. O concurso terá unha primeira fase no centro e unha fase autonómica, da que sairán os finalistas da fase última do concurso que se resolverá nun acto de lectura pública. O concurso contempla as modalidades individual e de grupo. Haberá premios para as lectores e os lectores e para os centros de procedencia.
Tes máis información no centro.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
este blog mola mucho
Publicar un comentario