Neste traballo discográfico, a cantante Uxía ponlle música aos poemas de Manuel María e fai un percorrido polos camiños, emocións e compromiso coa terra que o escritor deixou na súa escrita.
28/02/16
24/02/16
24 de febreiro - Día de Rosalía
Cúmprese hoxe o 179 aniversario do nacemento (Santiago de Compostela, 24
de febreiro de 1837) da escritora máis notable da nosa literatura, Rosalía de Castro.
Dende a biblioteca realizouse un mural conmemorativo e nas clases adicouse o día a lembrar, con distintas actividades, a poesía e a figura de Rosalía que segue a emocionar coas súas verbas a quen a le ou a quen escoita os seus poemas.
Rosalía e a música
A autora máis internacional da nosa literatura estaba moi familiarizada
coa música popular e foron moitos os músicos que escolleron os seus
versos para poñerlles música e cantalos.
(Preme sobre a imaxe para ver o vídeo que a CRTVG emitiu no ano 2013).

Un espectáculo de monicreques titulado "A viaxe de Rosalía" homenaxeará á autora galega máis universal por trece concellos galegos nos vindeiros meses de marzo, abril e maio.
A actriz Larraitz Urruzola, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achegará a vida e a personalidade de Rosalía ao público familiar.
(Para máis información, preme na imaxe)

Un espectáculo de monicreques titulado "A viaxe de Rosalía" homenaxeará á autora galega máis universal por trece concellos galegos nos vindeiros meses de marzo, abril e maio.
A actriz Larraitz Urruzola, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, achegará a vida e a personalidade de Rosalía ao público familiar.
(Para máis información, preme na imaxe)
14/02/16
Celebración do Día Internacional da Lingua materna
A ONU estableceu o día 21 de febreiro como Día Internacional da lingua materna.
Este é o cartel que a Xunta de Galicia publica este ano co gallo desta celebración.
Cen maneiras de chover, cen nomes galegos para a choiva.
12/02/16
Lembrando a Manuel María


Manuel María, o protagonista do Día das Letras Galegas de 2016, iniciou a súa andaina poética coa publicación de Muiñeiro de brétemas. O libriño saíu á luz en 1950. Tiña só 19 anos.
Deportistas na biblioteca



Dende aquí agradecémoslles a súa colaboración e simpatía.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)