O blog da biblioteca do CPI da Ribeira

Todos estes libros están xa na biblioteca listos para levar!

2º ciclo da ESO:








FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. A neve interminable. Xerais, 2015.
Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno
Le as primeiras páxinas aquí.

LORENZO, Fran P. Cabalos e lobos. Xerais, 2015. Premio Blanco Amor 2014
Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.


ÁLVAREZ, Bautista. Cuarto minguante. Xerais, 2015.
Ismael, o coxiño, o fillo da Rosaura da casa dos Boullosas, pasou aos catorce anos da escola de Andrade á de Santomé, onde aprendeu o manexo da tesoira e da agulla, habilidades propias do oficio de xastre. O enterro do seu avó, a quen lle preparou o primeiro traxe, foi o escaparate que lle permitiu comezar a contar con clientes na súa parroquia e despois tamén nas aldeas limítrofes. A cousa non empezaba mal. Porén, a división da herdanza familiar, obrigouno a coller outro camiño. O 5 de agosto de 1955, saíu do porto de Vigo a bordo do transatlántico Santa María rumbo ao porto da Guaira de Caracas. Iniciaba así Ismael o seu percorrido emigrante que o levaría despois a Brasil e Arxentina e, máis tarde, de regreso á outra beira do Atlántico, a aquela primeira Suíza dos galegos. Nunha prosa gozosa e vibrante, labrada cunha lingua de inequívoca estirpe popular, e cunha presenza constante dun humor sutilmente retranqueiro, Bautista Álvarez reconstrúe nesta súa novela alboral os vieiros da emigración galega da segunda metade do século XX, unha epopea colectiva merecente de ser rescatada do esquecemento.

MOURE, Teresa. A casa dos Lucarios. Xerais, 2014.
Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste, aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, decidiron instalarse en Ferreira. Alí levantaron unha casa de dúas plantas, coa cociña grande daqueles tempos, pegada á corte, e dous cuartos máis para acubillar á xente miúda, ademais dun faiado fermoso onde gardaren mazas e millo e soños dos que escorregan polas fendas da madeira. Despois, Chicho tiraría coa corte e construiría a taberna, onde cada noite apertaba o fol da súa gaita grileira, e onde tamén Rosa acrecentaba, contra vento e marea, as súas industrias de vendedora de pezas do enxoval. A vida ía manando paseniño, coa correspondente ración de dores e alegrías, como mudaba a casa dos Lucarios. Teresa Moure ofrece nesta novela curta, escrita nunha prosa engaiolante, enchida de humor e sensualidade, a historia dunha familia a través das mudanzas e transformacións realizadas na súa vivenda ao longo de varias décadas. Un texto memorable dunha das nosas grandes escritoras contemporáneas.

BLUE JEANS. Algo tan sencillo como tuitear te quiero. Planeta, 2015.
Un grupo de rapaces no seu primeiro ano na universidade e na residencia de estudantes. Novatadas, soidade, novas relacións, tentacións... pero sobre todo amor e amizade.
«El primer año en la universidad marca la vida de muchas personas. Te enfrentas a nuevos retos, nuevas ilusiones y a numerosos cambios que, por mucho que tengas previstos no dejan de sorprenderte. Todo esto se multiplica si, además, ese primer año lo pasas en una residencia de estudiantes. Vives veinticuatro horas, los siete días de la semana, con los que terminan convirtiéndose en tus mejores amigos. Abres los ojos de par en par y surge el amor, llegan las decepciones, descubres la pasión, te persiguen las tentaciones, conoces a fondo tus miedos...todo intensifi cado y a un ritmo que da vértigo. Los chicos de la Benjamin Franklin afrontan esa época repletos de sueños y también de dudas. Las cosas no siempre son lo que parecen ni salen como uno desea. Pero tienes que lanzar la moneda para saber si sale cruz o cara».
Le aquí as primeiras páxinas.


TINTERA, Amy. Reiniciados. Océano, 2015.
Un virus mortal causa millóns de vítimas, pero a tecnoloxía desta sociedade futura permite “reiniciar” aos adolescentes para convertelos en despiadados soldados.
"Una adictiva novela de acción futurista, situada en el Estado de Texas. La trama muestra cómo la población ha sido atacada por un virus mortal que se ha cobrado millones de vidas. Sin embargo, la tecnología permite revivir o “reiniciar” a los adolescentes para convertirlos en despiadados soldados. Cinco años atrás, la joven Wren Connolly recibió tres disparos en el pecho, ahora ha regresado como una Reiniciada –Reboot–. Es una guerrera más fuerte, más rápida, capaz de curarse a sí misma y con menos sentimientos. A medida que los Reiniciados pasan más tiempo muertos, vuelven con menos atributos humanos. Wren 178 es la reiniciada que más tiempo ha estado muerta en la República de Texas. Ahora, con diecisiete años de edad, trabaja como soldado para la Corporación para el Progreso y la Repoblación Humanas".
Reseña do libro en Ciudad de los libros.

ESLAVA GALÁN, Juan. Misterioso asesinato en casa de Cervantes. Espasa, 2015. Premio Primavera 2015.
Unha novela de intriga baseada nun feito real: o escritor Miguel de Cervantes e as súas irmás son acusados de asasinato. Dorotea, unha muller culta e intelixente, recibe o encargo de investigar os feitos, para o que deberá facerse pasar por home.
"A las puertas de la casa de Miguel de Cervantes ha aparecido el cadáver del hidalgo Gaspar de Ezpeleta, al que han apuñalado. Una vecina beata acusa al escritor y a sus alegres hermanas, las Cervantas, de estar implicados en el asunto y acaban encarcelados. La duquesa de Arjona, gran admiradora de Cervantes, requiere los servicios de la joven Dorotea de Osuna para que acuda a Valladolid e investigue el caso, conocedora de sus habilidades en este campo.
A través de la investigación detectivesca de Dorotea para defender la inocencia del autor de El Quijote asistimos a un retablo de la España del Siglo de Oro: un país agotado por las guerras, anegado de clases ociosas e improductivas, nobles y clérigos, lleno de prejuicios, con una legión de mendigos, veteranos de las guerras tullidos, pícaros, busconas y criadillos. Una auténtica corte de los milagros en la que la mujer se rebela y lucha denodadamente por escapar del papel secundario al que la sociedad la relega".

Ningún comentario: