Se o mundo fose unha aldea de 100 habitantes...
-Habería 59 persoas asiáticas, 13 africanas, 12 europeas, 10 latinoamericanas, 5 norteamericanas e 1 de Oceanía.
-52 serían mulleres e 48 homes.
-As menores de 18 anos serían 36.
-Habería 59 persoas asiáticas, 13 africanas, 12 europeas, 10 latinoamericanas, 5 norteamericanas e 1 de Oceanía.
-52 serían mulleres e 48 homes.
-As menores de 18 anos serían 36.
-77 non serían brancas.
-72 non serían cristiás.
-As 6 persoas máis ricas posuirían o 59% da riqueza de toda a aldea e serían, probablemente, as cinco norteamericanas e unha europea.
-80 vivirían en situación de pobreza e 24 sobrevivirían con 1,20 euros ao día.
-26 serían incapaces de ler, das que 17 serían mulleres e 9, homes.
-19 non terían acceso a auga potable e 43 non terían cuarto de baño.
-Unha persoa morrería este ano e un bebé estaría a piques de nacer. A súa esperanza de vida sería de 65 anos.
-Habería 24 televisores na aldea, nalgunhas vivendas habería 2 e ata 3 aparellos, pero bastante máis da metade dos seus habitantes non tería ningún.
-Só 2 persoas terían educación superior e outra estaría a estudar na universidade.
-Nesta aldea habería 6 computadores.
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario