Durante o segundo trimestre temos invitado ás familias a elaborar monumentos do mundo con materiais reciclados, en relación co proxecto de centro de "Unha volta ao mundo".
Houbo moito traballo detrás desta exposición, pero o resultado foi ben interesante!
Seguimos traballando cos libros da colección de "Naturizo". Eseta vez reunímonos no CEIPP Antonio Palacios e decoramos unha árbores onde Naturizo podería ter vivo se non houbese tantos incendios!
Con motivo da Semana da Prensa temos proposto a realización un ano máis do Ribediario, un xornal sobre a nosa escola con noticias feitas por alumnado e mestres. Aquí podedes ver unha mostra do ben que o pasamos...
O alumnado de 5º de primaria visita visita por segunda vez aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio "Fíos no Tempo". Nesta 2ª sesión a temática foi: "A escola de antes e a escola de agora".
Hoxe, martes 3 de marzo, tivemos a ocasión de recibir a Susa Herrea, quen nos ofreceu un concerto para todo o alumnado en dúas partes, partindo de cancións dos seus libros: "La moto de Rufino" e "En Cabárceno, rugidos y canciones". Grazas Susa por vir. Foi un gran pracer! Aquí tendes unha mostra...
O alumnado de 5º de primaria visita aos maiores para crear con eles unha serie de programas de radio chamados "Fíos no Tempo" sobre diferentes temáticas. Nesta 1ª sesión a temática foi: "Os xogos".
Hoxe, 23 de febreiro, con motivo do Día de Rosalía, o IES Ribeira do Louro volve contar connosco para a súa IX Ruada Rosaliana. Grazas polos versos cantados da nosa grande autora galega. Gran actuación!
O alumnado do CEIPP Da Ribeira conmemora o día da radio co gallo do Entroido. Pequenos e maiores únense nun so programa rememorando palabras que evocan entroido, convidando as súas familias a asistir ao evento escolar, narrando como foi a elaboración dos seus disfraces e por suposto, falando do típico entroido gaelgo. Este podcast non ten perda, paga a pena escoitalo! Clica aquí para poder escoitalo. Aquí tendes imaxes do proceso de elaboración!
Hoxe o alumnado de 5º e de 6º tiveron o privilexio de asistir a unha xornada informativa moi interesante con Cándido Carrera, copiloto de Rally con moitos premios a nivel nacional. O alumnado ten escoitado con moita atención todo o que nos contou e, ademais, tamén lle fixo inmuerables preguntas moi enriquecedoras para a prender sobre o mundo do rally. Que ben o pasamos! Grazas Cándido! Aquí tendes unha mostra...
Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o concello tennos ofrecido a posibilidade de facer unha charla a relvancia das mulleres na ciencia ao longo da historia e na actualidade. Así, temos aprendido moitísimo da súa contribución ao longo dos séculos, a súa falta de recoñecemento e acceso ao mundo Universitario e a súa falta de visibilidade. Que xornada máis interesante! Aquí tendes unha mostra...
Hoxe, 30 de xaneiro temos celebrado o Día Internacional da Non violencia e da Paz no pabillón do colexio formando as letras da palabra PAZ entre todos o alumnado, bailando e cantando cancións de Antonio Flores, Color Esperanza e mesmo unha canción creada explícitamente para o noso colexio. Que bonita forma de celebrar esta conmemoración e que ben o pasamos!
Con motivo da realización do novo Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información, pregamos a vosa colaboración para cubrir as enquisas que se presentan a continuación segundo sexas familia, profe ou alumno/a. Lembrade que son TRES cuestionarios diferentes (3 enlaces) os que se deben cubrir.