28/05/25

BIBLIOTECA CREATIVA.

 Obradoiros de cociña creativa!

Hoxe, mércores 28 de maio, realizáronse diferentes actividades traballando un obradoiro de cociña creativa conseguindo distintos retos: memoria, curiosidade, elaboración e transformación adaptado aos diferentes niveis de infantil e primaria. Estes obradoiros foron levados a cabo por Patricia García, do centro de estudos Trazos Class. Que ben o pasamos!

Aquí tendes unha mostra...

23/05/25

RADIO NA BIBLIO.

A RIBERRADIO SEGUE SEN PARAR!

O alumnado de 4 anos visita a radio para falar de Rosalía de Castro e contar o conto de "A Oruga Glotona".

22/05/25

CLUB DE LECTURA DUA.

A ARRANXAR CORAZÓNS DÍXOSE...!

Hoxe tivemos a V Quedada do Club DUA de Lectura xunto coa ACEESCA e o CEIP Antonio Palacios. Lemos todos xuntos "Taller de Corazones" e fixemos unha actividade sobre como podemos arranxar corazóns!
Aquí tendes unha mostra...

20/05/25

LECTURA E FAMILIAS!

 UN OBRADOIRO MONSTRUOSO!

Onte pola tarde, desenvolveuse unha xornada moi especial coas familias e Sabela Gago. Unha sesión chea de dinámicas de dramatizacións de contos relacionada cos monstros para rematar facendo en grupos, con recortes e diferentes cores o noso propio monstro! 

Grazas Sabela por unha tarde tan divertida e sorprendente!

                  

15/05/25

IV XUNTANZA LITERARIA.

Un encontro anual moi literario!

Por cuarto ano máis reunímonos para ler, cantar e bailar no parque Alba. Unha experiencia moi entrañable á vez que enriquecedora, mentres se goza da lectura e da música.

 Grazas a todos os centros por participar un ano máis coa mesma ilusión e ganas!

Aquí tendes un resumo da xornada!

12/05/25

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

Celebramos a semana das Letras Galegas!!!

Este ano están dedicadas ás Cantareiras! O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convidou ao cole á asociación @acfascharaviscas que nos ensinaron un montón de cousas sobre as cantareiras: bailes, instrumentos, cantigas, tradicion... puro folk. Canto aprendemos!

Velaquí un resumo...

08/05/25

RADIO NA BIBLIO.

Falamos de curiosidades de animais!

A radio segue traballando a toda máquina! Neste caso o alumnado de 3º estivo falando de curiosidades sobre os animais. Axiña teremos todos os programas dispoñibles na página do cole para que poidades escoitalos!

07/05/25

XOGOS NA BIBLIO!

Xornada de aprendizaxe coas familias!

O alumnado de 2º de primaria, convertéronse en mestres por un día e ensinaron aos papás e mamás como aprenden. Grazas ás familias por pasar a tarde de onte con nós!



05/05/25

PROGRAMA IV XUNTANZA LITERARIA.

Xa queda menos! IV Xuntanza Literaria dos centros do Porriño no Parque Alba de Torneiros. Venres 9 de maio!